O programa de actos finalizará en agosto do 2010
José Afonso naceu o 2 de agosto de 1929. Como queira que neste 2009 cumpriría 80 anos, máis de 100 entidades de Portugal e Galiza colaboran no programa 80 anos de Zeca, que pretende desenvolver todo un feixe de actividades ata o 1 de agosto do 2010 para lembrar a figura de quen foi exemplo de cantautor comprometido.
José Afonso naceu o 2 de agosto de 1929. Como queira que neste 2009 cumpriría 80 anos, máis de 100 entidades de Portugal e Galiza colaboran no programa 80 anos de Zeca, que pretende desenvolver todo un feixe de actividades ata o 1 de agosto do 2010 para lembrar a figura de quen foi exemplo de cantautor comprometido.
Cultura • 30/09/2009 • Autor: Henrique Sanfiz
Dentro dese programa, este venres 2 de outubro o Club Literario de Porto organiza un acto no que se proxectarán dous documentais sobre o Zeca Afonso. Trátase de "Não me obriguem a vir para a rúa gritar" da RTP e "Jose Afonso, poeta, andarilho e cantor" de Rogerio Ribeiro. José António Gomes comentará as proxeccións a partir das 21,30 horas.
O escritor galego Vicente Araguas lembra no seu libro Voces Ceibes como coñeceu a Jose Afonso en Santiago de Compostela en 1972:
Viña co seu despiste crónico, o seu eterno aire de profesor despistado. O público foi entrando pouco a pouco na estética do cantante fadista sen fado. Primeiro, sorprendido Logo, admirado. Ao fin, con entusiasmo. Sorpresa polo contido das cancións, fortes e directas sen necesidade das palabras chave (democracia, liberdade,etc ) para facer choutar os aplausos. Admiración , xa que no escenario había un artista que posuía toda a calidade do mundo e estaba alí pousándoa nos oídos do acendido auditorio. ¡Que lonxanos agora os cantantes protesta de guitarrillo e patacón! Entusiasmo, en fin, pois que José Afonso pechaba o recital cunha canción que, se non recordo mal, estreaba aquela noite, pedíndolle ao público (ou tal vez fose un feito espontáneo) que fixese o coro en pé e collidos das mans. Esa canción era “Grándola, Vila Morena”, motor de arranque da chamada revolución dos caraveis que ardería en Portugal dous anos despois.
VICENTE ARAGUAS. Voces Ceibes. Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 1991.
Sem comentários:
Enviar um comentário